Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

lunes, 23 de abril de 2012

HAI QUE MOLLARSE O CÚ

HABITANTES do acuario mariño de litoral.

¿CÓMO FACERSE CON ELES? Dí o refrán que o que queira peixes.... pois eso, que o primeiro recurso é ir por eles: truel e cubo e ¡á marea! Tamén será moi útil unha navalliña e non estará de máis un guante deses de buceo pra protexe-las manciñas. Ademáis dun cruel “normal”, terás outro de rede finísima, para que non escapen os, vale un truel de "todo a 100". Por coller media ducia de alevíns non ides por en perigo ningunha especia. Aínda que a primeira norma será non facer máis mal ca ben có noso pedagóxico interés, quero dicir que non se pode ir por aí collendo toda caste e número de alevíns ou outras crías de calquera especie, e moito menos adultos en estado "de buena esperanza", coma crustáceos cheos de ovas. A pesares de que a nosa intención sexa reintegrar ó medio tódalos “individuos” dos que sabemos que teñen tolerancia cero a unha estancia prolongada nunacuario, temos que pensar que moitos non poderán regresar, especialmente as sensibles crías e, dende logo nunca o farían os aínda nonnatos. Ben, imos ver:

-No cubo teremos sempre unha pouca de auga, que iremos renovando cada poucos minutos, isto é especialmente importante nos días calurosos, pois o aumento da temperatura mataría enseguida a tódolos peixiños.

-Os organismos incrustantes ou só sésiles (algas, arneirón, lamparóns, esponxas, actinias...) é mellor levalos có sustrato incluído, é dicir, escoller exemplares fixos a pequenas rochas que levaremos tal cual. Cando non sexa posible, procederemos con moito coidado para despega-las actinias ou esponxas, pero non o faremos cós arneiróns, pois mataríamos a case todos, nen cós lamparóns, pois no acuario non atoparían forma de librarse dos terribles camaróns por non teren superficie na quehacer ventosa (só lles vale o seu exacto punto da súa rocha, según vai medrando). Xa atoparemos outros exemplares noutras pedras si que transportables.

-Os alevíns son especialmente sensibles á subida da temperatura do cubo. Haina que cambiar de contino se quermos levar algún (haberá que protexelos, xa no acuario, ou serán fácil comida dos máis grandes),

-Os exemplares lesionados (cangrexos sen algunha pata, lamparóns rotos, actinias destrozadas, peixes feridos, etc.) non os levaremos: teñen algunha posibilidade de sobrevivir na marea, ningunha de facelo no acuario.

-Un bo truco para capturar incautos é deixar na auga o truel con mexillóns abertos.

-Hai que levantar pedras, rebuscar por entre as algas, mirar por entre as grietas: é increíble o que podemos atopar por todos estes sitios.

-As actinias e anémonas hainas que despegar con moito coidado: o fio da navalla as cortaría fácilmente, hai que ter moito coidado e axudarse mesmo coas unllas dos dedos.

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI