Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

sábado, 2 de junio de 2012

ALGAS??


¿QUÉ PASA COAS ALGAS? As algas deben estar presentes no noso acuario, como parte integrante do ecosistema. Colleremos exemplares de tamaño axeitado, que estean en boas condicións e, a ser posible, có sustrato no que estan suxeitas, aínda que non é imprescindible (xa sabes que que non teñen raíces, Watson). Sirven de acollida, camuflaxe, comida e nicho a gran vartiedade de organismos (caramuxas, vellos, camaróns, cangrexos, alevíns...) e son, por elas mesmas, de interese ecolóxico. Eso si: teremos que renovalas constantemente: se deterioran rápidamente pola escasez de luz  e o exceso de organismos que delas se aproveitan. 
Tanto é o incordie que ocasionan, que o mellor é levalas só cando se lle quera mostrar aos rapaces aspectos coma os métodos de flotación, tipos, etc. E sacalas axiña.
E para que o acuario estea bonito  están moi ben as artificiais. Facédeme caso ou vos arrepentiredes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI