Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

martes, 21 de febrero de 2012

AUGA VAI

A AUGA

A auga éche a nai do acuario (bueno, a auga é a nai de TODO!)

Fácil, fácil: IREMOS A POR AUGA Ó MAR. Non a hai mellor. Home, Watson, teremo-la precaución de buscar un peirao con algunha zona libre de contaminación (por exemplo o de Esteiro, en Muros -si, home, onde se celebra o 18 de Xullo mellor ca en ningures: Có Gran Prix de Carrilanas-), e iremos un día de augas transparentes, encheremos varias garrafas e faremos, sen presas, pero sen pausas, as viaxes necesarias (¡con 10 garrafas de 15 l. xa temos 150!) Como a auga vai estar varios días circulando sen poboación no acuario, temos tempo.

Pero HAI OUTROS RECURSOS: Podemos ir a unha cetárea, unha piscifactoría cercana ou unha depuradora de marisco. É posible que estes augas esten cloradas, pero a que chega ás piscinas xa foi previamente declorada, non de todo, pero no noso acuario terminará de escaparselle o que lle quede, mentres agardamos os primeiros días.

Para as renovacións parciais da auga, tampouco ten maior importancia este detalle de restos de cloro, non sexamos tiquismiquis.

-Non teñamos presas por ver "alguén na auga". Coñecemos casos de apresurados que ocasionaron máis dunha tristísima "defunción" por levar invitados antes de tempo ó acuario.

Non é mal consello ter uns días o acuario sen habitantes: controlaremos o funcionamento do filtro e do aireador e, sobre todo, as posibles variacións de temperatura ó longo do día e dun día a outro, e poderemos correxir imprevistos (ese radiador que quedou encendido, ese enchufe que non furrula, esa tapa que non cerramos antes de pasa-la escoba...)

RENOVACIÓNS PARCIAIS: É aquí o quid da cuestión, o segredo do acuario mariño de litoral (certamente, o segredo de calquer acuario): Renovación parcial frecuente da auga ¿con qué frecuencia?. Non teñas medo de facer renovacións de máis, porque canto máis a miúdo o fagas, tento mellor. Pero non te obsesiones, que é malo para a saúde. O sentidito (tamén chamado nalguees “sentido común”) vaiche avisar, pero é mellor que non teña que facelo, vamos, que renoves sempre que te pete, sen esperar aviso ningún, sen agardar a que algo vaia mal. Vives perto do mar ¿non si?, pois unha pequena garrafa de só 10 litros dá moito xogo se vas e ves a miudo: sacas 10 l do acuario e botas eses 10 l novos. Se non vives moi perto da beiramar, podes ter na casa unha reserva maior, e vaina gastando aos poucos. Se vives moi, moi lonxe da costa, entón este curso non é para ti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI