Instalación e mantemento dun acuario mariño de litoral

martes, 3 de agosto de 2010

OLLO CAS ESTRELAS


As estrelas son bonitas, son preciosas. No acuario suben polo cristal e vémoslle os seus centos de "pes". PERO HAI QUE TER MOITO COIDADO CON ELAS ¿POR QUE?

Resulta que, no verán, a temperatura da nosa auga chega e pasa dos 20ºC... cousa que non poden atura-las estreliñas. As poucas horas morrerían e o desastre está servido: auga contaminada, auga sucia, auga podre... o máis malo dos males que nos poden amolar.

Esta que eiquí vedes empeñeime tróxenlla para que a vira Iñaki, que sería a sua primeira estrela, que hai que nacer con ela... Pero axiña devolvina á marea, antes de que pasara o que tería que pasar.

O MESMO OU PIOR pasaría con CRUSTÁCEOS e tampouco non augantan nada os BIVALVOS e mesmo os GASTERÓPODOS hainos que evitar se son grandes. Moi especialmente en VERAN, polo aquel da temperatura. En inverno todos aguantan varios dias ou mesmo semana, pero hai que vixialos deseguido e mesmo así pode ocurrir e ocurre que o cataclismo suceda pola noite e teñamos que pasar medio dia limpando o acuario e renovando toda a auga. Non paga a pena.

Hai outros moitísimos habitantes agradecidos e algas axeitadas para termos un acuario sempre divertido e limpo

Seguidores

VISITA O ACUARIO DE IÑAKI